Exposición ceramica de Niñodaguia

Desde o día 14 e ata final de mes podedes ver no edificio do liceo unha exposición de alfarería tradicional de Niñodaguía. As pezas son unha representación da olería tradicional da zona e proveñen do taller de Agustín Vázquez. Este ceramista mantén un taller na localidade dende 1990 onde conta con zona de exposición e venda ao público.

20151117_192634-1

20151117_192704-1

Unha das características máis definitorias da olería de Niñodaguia e a cor amarela clara das pezas. Esta obtense tras a cocción e débese a composición química propia do barro desta zona.

20151117_192621-1   20151117_192406-1

Outro característica propia da cerámica de Niñodaguia é a unión das asas ao corpo da ola, acopladas dun modo que parecen como fundidas na parede da peza.

20151117_192603-1

20151117_192549-1

Chamoume especial atención unha peza exposta baixo o nome de “Xarra da trampa”, que ven sendo unha versión galega da chamada xerra máxica de Herón en alusión a Herón de Alexandría, matemático do século I, na que se pode meter viño e auga sen que  se mesturen e servilo despois de modo separado. Moitos pensan que este artiluxio usouno Cristo nas vodas de Caná para  facerlle crer aos asistentes que realizara un milagro cando só se trataba de mecánica de fluídos.

Finalmente, aportamos dúas láminas sobre algunhas formas básica da cerámica de Niñodaguia e a súa área de distribución comercial no pasado, sacadas do mítico libro de García Alén “La alfarería de Galicia” editado pola fundación Barrié en 1983.

20151121_084621_001-1 20151121_084223_001-1

 

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *