TICKET ELÉCTRICO 2016

Dende o 15 de xaneiro e ata o vindeiro 31 de xullo deste ano está aberto o prazo de presentación de solicitudes para o tíket eléctrico.

O tíket eléctrico é unha prestación económica que subvenciona parte dos gastos de electricidade ás persoas que convivan con menores de 18 anos ou discapacitados. Aplícase ás facturas de electricidade comprendidas entre o 1 de xullo do 2015 e o 30 de xuño do 2016. A subvención é unha cantidade fixa de 180€/ano para quen cumpra os requisitos que aumentará a 300€/ano para os que a maiores acrediten ser familia numerosa.

Para que vostede se faga unha idea de se pode ser un posible beneficiario, enumeramos a continuación os requisitos principais. Nese caso consulte con máis detalle a Orde da convocatoria que aportamos abaixo onde se detalla todo polo miúdo ou consulte cos servizos sociais do seu concello.

  1. Ser  residentes en Galicia
  2. Que na unidade familiar haxa menores ou discapacitados cun grao maior ou igual ao 33%
  3. Ser o pagador das facturas eléctricas
  4. Que os ingresos da unidade de convivencia non superen os 9.595,19€ referenciados ao exercicio fiscal do ano 2014.
Difunda esta noticia para que poida chegar a cantos a necesiten. GRAZAS
images

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *