EXPOSICIÓN PICTÓRICA RE-GENERACIÓN

Entre os días 7 e 11 deste mes de abril permanecerá aberta a exposición de pintura, que baixo o nome de RE-GENERACIÓN xunta nun mesmo espazo expositivo a un avó e un neto: Francisco Torrón e Pablo Pelluz. A mostra atópase na sala de arte Apo’strophe no centro comercial da Praza Elíptica de Vigo. En Taxiadaptadobetanzos tivemos a satisfacción de acompañar a Paco Torrón no día da inauguración.
FRANCISCO TORRÓN, académico correspondente da Real Academia Galega de Belas Artes, licenciado en pintura e escultura pola Escuela de Bellas Artes de San Fernando. No ano 1962 entra a formar parte como restaurador oficial do grupo de restauradores do Patrimonio Nacional, onde fai importantes labores de restauración en lugares como: Monasterio del Escorial, das Descalzas Reales, da Encarnación, das Huelgas (Burgos), de Tordesillas, Palacio Real de Madrid, etc.                                         
Funda e dirixe os obradoiros de restauración de escultura de pedras, mármores e madeira policromada do Palacio Real. Por esta labor recibiu varios galardóns destacando a medalla da UNESCO pola restauración das Descalzas Reales.
Paralelamente desenvolveu unha obra pictórica na que cunha sinxela paleta logra unha delicada gama de cores. Destacamos o tratamento que fai nos bodegóns de cristais e antigos frascos de botica, sendo unha temática moi persoal e pouco tratada no xénero e moi admirada polos seus coetáneos.

 

 

 

 

 

 

 

PABLO PELLUZ é licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. Desenvolve diversos proxectos artísticos que comprenden fundamentalmente pintura, debuxo e escultura. Na súa obra destaca o retrato realista de diversos detalles do cotián que adoito pasan desapercibidos. Actualmente trata temas vencellados á Natureza, con traballos de investigación sobre especies de diferentes lugares do mundo sobre as que pesa a ameaza da extinción. Desta maneira reflexa metaforicamente a auto-destrución do ser e do individuo.

 

 

 

 

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *