EXPOSICIÓN PICTÓRICA RE-GENERACIÓN

Entre os días 7 e 11 deste mes de abril permanecerá aberta a exposición de pintura, que baixo o nome de RE-GENERACIÓN xunta nun mesmo espazo expositivo a un avó e un neto: Francisco Torrón e Pablo Pelluz. A mostra atópase na sala de arte Apo’strophe no centro comercial da Praza Elíptica de Vigo. En Taxiadaptadobetanzos tivemos a satisfacción de acompañar a Paco Torrón no día da inauguración.
FRANCISCO TORRÓN, académico correspondente da Real Academia Galega de Belas Artes, licenciado en pintura e escultura pola Escuela de Bellas Artes de San Fernando. No ano 1962 entra a formar parte como restaurador oficial do grupo de restauradores do Patrimonio Nacional, onde fai importantes labores de restauración en lugares como: Monasterio del Escorial, das Descalzas Reales, da Encarnación, das Huelgas (Burgos), de Tordesillas, Palacio Real de Madrid, etc.                                         
Funda e dirixe os obradoiros de restauración de escultura de pedras, mármores e madeira policromada do Palacio Real. Por esta labor recibiu varios galardóns destacando a medalla da UNESCO pola restauración das Descalzas Reales.
Paralelamente desenvolveu unha obra pictórica na que cunha sinxela paleta logra unha delicada gama de cores. Destacamos o tratamento que fai nos bodegóns de cristais e antigos frascos de botica, sendo unha temática moi persoal e pouco tratada no xénero e moi admirada polos seus coetáneos.

 

 

 

 

 

 

 

PABLO PELLUZ é licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. Desenvolve diversos proxectos artísticos que comprenden fundamentalmente pintura, debuxo e escultura. Na súa obra destaca o retrato realista de diversos detalles do cotián que adoito pasan desapercibidos. Actualmente trata temas vencellados á Natureza, con traballos de investigación sobre especies de diferentes lugares do mundo sobre as que pesa a ameaza da extinción. Desta maneira reflexa metaforicamente a auto-destrución do ser e do individuo.

 

 

 

 

 

GUÍA SOBRE PROTECCIÓN XURÍDICA E DISCAPACIDADE

 

Referencia práctica para profesionais, familias e todo tipo de axentes implicados respecto de cuestións xurídicas relacionadas con persoas con discapacidade, coa súa protección xurídica e as correspondentes medidas de apoio. Aborda temas como a tutela, curadoría, ingresos involuntarios, a capacidade das persoas, competencias dos xulgados, etc. Informa tamén de lexislación de referencia en canto a protección xurídica en discapacidade e dependencia e conta cun compendio de modelos de documentos e enderezos de interese.

images

 

TICKET ELÉCTRICO 2016

Dende o 15 de xaneiro e ata o vindeiro 31 de xullo deste ano está aberto o prazo de presentación de solicitudes para o tíket eléctrico.

O tíket eléctrico é unha prestación económica que subvenciona parte dos gastos de electricidade ás persoas que convivan con menores de 18 anos ou discapacitados. Aplícase ás facturas de electricidade comprendidas entre o 1 de xullo do 2015 e o 30 de xuño do 2016. A subvención é unha cantidade fixa de 180€/ano para quen cumpra os requisitos que aumentará a 300€/ano para os que a maiores acrediten ser familia numerosa.

Para que vostede se faga unha idea de se pode ser un posible beneficiario, enumeramos a continuación os requisitos principais. Nese caso consulte con máis detalle a Orde da convocatoria que aportamos abaixo onde se detalla todo polo miúdo ou consulte cos servizos sociais do seu concello.

  1. Ser  residentes en Galicia
  2. Que na unidade familiar haxa menores ou discapacitados cun grao maior ou igual ao 33%
  3. Ser o pagador das facturas eléctricas
  4. Que os ingresos da unidade de convivencia non superen os 9.595,19€ referenciados ao exercicio fiscal do ano 2014.
Difunda esta noticia para que poida chegar a cantos a necesiten. GRAZAS
images
 

EXPOSICIÓN CERÁMICA. TRES PATAS PARA UN BANCO

20160315_140403-1-1

Hoxe sábado 3 de abril clausúrase a exposición cerámica “Tres patas para un banco” na sala de exposicións do Liceo de Betanzos. A mostra recolle obras de 3 autoras formadas nun mesmo taller que nos presentan tres propostas formais e creativas distintas. Achegamos algunhas fotos representativas e animamos a todos a facer unha visita á exposición.

20160323_203922gres

Gres

20160323_203845gres

Cabeza en gres

20160323_204147Pelicano-gres

Pelícano. Gres

20160323_204316Cabeza branca-gres

Cabeza branca. Gres

20160323_204441bestiario-gres

Bestiario. Gres

20160323_204819Fonte

Fonte

20160323_204910porcelana

Pezas varias. Porcelana

20160323_204936porcelana

Porcelana en lenzo

20160323_205024brazo. gres-ferro-terras sigillatas

Brazo.Gres, ferro e terras sigillatas

20160323_204923

 

 

REDE GALEGA DE SEMENTES

O vindeiro sábado 13 Betanzos acollerá o III Encontro de Troco da Rede Galega de Sementes. Esta organización pretende dar custodiar ás semente das múltiples variedades de plantas tradicionais e fomentar o intercambio entre agricultores e persoas  interesadas para que non se perda a riqueza varietal.

Os interesados poderán traer as sementes das que dispoñan para intercambiar e establecer relación con outros cultivadores. Haberá actividades diversas durante toda a xornada.

cartaz_sementes

 

TÍKET ELÉCTRICO SOCIAL 2016

Dende o 15 de xaneiro e ata o vindeiro 31 de xullo deste ano está aberto o prazo de presentación de solicitudes para o tíket eléctrico.

O tíket eléctrico é unha prestación económica que subvenciona parte dos gastos de electricidade ás persoas que convivan con menores de 18 anos ou discapacitados. Aplícase ás facturas de electricidade comprendidas entre o 1 de xullo do 2015 e o 30 de xuño do 2016. A subvención é unha cantidade fixa de 180€/ano para quen cumpra os requisitos que aumentará a 300€/ano para os que a maiores acrediten ser familia numerosa.

Para que vostede se faga unha idea de se pode ser un posible beneficiario, enumeramos a continuación os requisitos principais. Nese caso consulte con máis detalle a Orde da convocatoria que aportamos abaixo onde se detalla todo polo miúdo ou consulte cos servizos sociais do seu concello.

  1. Ser  residentes en Galicia
  2. Que na unidade familiar haxa menores ou discapacitados cun grao maior ou igual ao 33%
  3. Ser o pagador das facturas eléctricas
  4. Que os ingresos da unidade de convivencia non superen os 9.595,19€ referenciados ao exercicio fiscal do ano 2014.
Difunda esta noticia para que poida chegar a cantos a necesiten. GRAZAS
images

 

 

 

 

 

 

CANTOS DE REIS

Vaise recuperando de novo a bonita tradición de ir cantar os reis. Os cativos que queiran sumarse este ano aos cantos que estean o martes 5 de xaneiro no Liceo de 10:30 a 13:30.

20151229_170937-1