CONCERTO EXTRAORDINARIO DE NADAL

Hoxe30 de decembro ás 8 e media do serán na igrexa de San Francisco teremos un concerto de Nadal a cargo da banda municipal. Neste ano 2015 que está a piques de rematar cúmprense 25 anos da refundación da banda e para este acto contará coa colaboración do coro do Conservatorio.

20151229_170951-1

 

FOTOS DA ANDAINA SOLIDARIA

A mañá do domingo deunos un bonito día para facermos opercorrido solidario en apoio aos refuxiados sirios. Aquí deixo algunhas fotos da camiñata. Na última delas o cordinador local da Cruz Vermella amosa a cantidade recadada, máis de 1.300€ que irán destinados integramente aos que están pasando polo triste trance   de ter que fuxir da súa casa. Desde taxiadaptadobetanzos.com queremos agradecer a todos os participantes e ás entidades que fixeron posible este acto.

20151213_105439_001 (Small)

20151213_110512 (Small)

20151213_111912 (Small)

 

20151213_114545 (Small)

20151213_123930_001 (Small)

 

ANDAINA SOLIDARIA

Mañán, domingo 13 de decembro é o día da andaina solidaria en apoio aos refuxiados sirios. Organizada polo persoal de Eroski conta co apoio de varias organizacións e comercios locais. A pesares do que di o cartel sobre os prazos de inscripción a verdade é que ata o momento da saída podedes unirvos a este evento. Unha bonita actividade para a mañá do domingo: un pouco de deporte e unha gran axuda a persoas que están pasando por moi malos momentos.

20151119_151451-1

 

TEATRO EN FAMILIA

Comeza o VII ciclo de teatro infantil. A primeira das representacións  comezará hoxe sábado ás 6 da tarde na Aula Municipal de Cultura. Trátase da obra titulada “A casa do avó” a cargo da compañía Tanxarina. O resto das obras e as datas podedes velas no cartel que adxuntamos.

20151212_145454-1

2015-12-12 15.03.31

 

CONCERTO DA ILUSIÓN

Hoxe, sábado 5 de decembro actuación da Banda Municipal de Música de Betanzos na igrexa de Santa María do Azougue ás 20:30 horas.

Trátase dunha nova edición do tradicional Concerto da Ilusión, onde ademáis se dará o recebemento de novos intérpretes.

20151205_114324

Imaxe do ensaio de hoxe pola mañán

 

 

Exposición ceramica de Niñodaguia

Desde o día 14 e ata final de mes podedes ver no edificio do liceo unha exposición de alfarería tradicional de Niñodaguía. As pezas son unha representación da olería tradicional da zona e proveñen do taller de Agustín Vázquez. Este ceramista mantén un taller na localidade dende 1990 onde conta con zona de exposición e venda ao público.

20151117_192634-1

20151117_192704-1

Unha das características máis definitorias da olería de Niñodaguia e a cor amarela clara das pezas. Esta obtense tras a cocción e débese a composición química propia do barro desta zona.

20151117_192621-1   20151117_192406-1

Outro característica propia da cerámica de Niñodaguia é a unión das asas ao corpo da ola, acopladas dun modo que parecen como fundidas na parede da peza.

20151117_192603-1

20151117_192549-1

Chamoume especial atención unha peza exposta baixo o nome de “Xarra da trampa”, que ven sendo unha versión galega da chamada xerra máxica de Herón en alusión a Herón de Alexandría, matemático do século I, na que se pode meter viño e auga sen que  se mesturen e servilo despois de modo separado. Moitos pensan que este artiluxio usouno Cristo nas vodas de Caná para  facerlle crer aos asistentes que realizara un milagro cando só se trataba de mecánica de fluídos.

Finalmente, aportamos dúas láminas sobre algunhas formas básica da cerámica de Niñodaguia e a súa área de distribución comercial no pasado, sacadas do mítico libro de García Alén “La alfarería de Galicia” editado pola fundación Barrié en 1983.

20151121_084621_001-1 20151121_084223_001-1

 

 

XORNADAS DE PROMOCIÓN DO TURISMO ACCESIBLE. Lugo, 11/11/2015

Onte asistimos ás xornadas de turismo accesible en Lugo. Alí debateuse sobre as moitas posibilidades que hai para turismo adaptado  e como día a dia a oferta se vai incrementando en ámbitos máis novedosos (vela , montañismo, surf…) Tamén se comentou o moito que queda por facer no eido da hostelería, sobre todo no tocante a baños adaptados, unha das queixas nas que máis insistiron os usuarios con movilidade reducida. Impresionoume especialmente o testimonio dunha persoa sobre o nulo caso que fai a policía local de Lugo cando lles comunican a ocupación de prazas reservadas para minusválidos por persoas sen autorización, chegando a bloquear o teléfono dos denunciantes habituais para non atender as peticións de retirada dos vehículos infractores. Ademáis presentouse unha nova cadeira de rodas eléctrica que se dirixe con impulsos do tronco.