GUÍA DE PROGRAMAS, PRESTACIÓNS E AXUDAS DE SERVIZOS SOCIAIS

Presentamos a continuación un compendio das prestacións, servizos e axudas no eido dos servizos sociais. Inclúe a maioría das existentes no ámbito das minusvalías, terceira idade, familia, inclusión social, migracións, drogo dependencias e mulleres. A nosa intención é axudar a dar difusión dos recursos que poidan precisar tanto os nosos usuarios coma a poboación en xeral. Lembre que a mellor información e a máis actualizada vaina atopar no traballador/a social que lle corresponda na súa zona. A parte de que esta guía non pretende ser exhaustiva existen outros recursos de carácter privado ou propios do seu concello que non se recollen aquí, ademais algúns poden verse alterados por cambios lexislativos en calquera momento. Por iso o mellor é que un técnico estude a súa situación persoal para determinar a cales pode acceder e os que mellor lle acaen.

Resumo de prestacións, programas e axudas de servizos sociais

 

 

Iníciase servizo de Eurotaxi en Betanzos

20150619_171226 - copia (Small) - copia

No mes de xullo iniciamos o servizo de eurotaxi na vila de Betanzos. Moveunos a por en marcha esta idea a ausencia de taxis adaptados nun núcleo de poboación suficientemente habitado e cabeceira dunha comarca asemade pouco dotada deste tipo de transporte. Con esta iniciativa cúbrese a recomendación legal de ter alomenos un 5% dos taxis habilitados para movilidade reducida.

Pero a nosa idea non foi só ofrecer un eurotaxi máis, senón complementar o transporte con outras aportacións que consideramos valiosas para os usuarios. Adquirimos así unha cadeira de rodas que ofrecemos de xeito totalmente gratuíto para quen necesite de forma puntual deste apoio técnico por mor dun accidente ou convalecencia e non dispoñan del. Deste modo non se verán obrigados a facer unha compra ou aluguer unicamente para un uso circunstancial.

Tamén adquirimos o dominio taxiadaptadobetanzos.com coa idea de ofrecer información variada no eido da movilidade reducida. Progresivamente iremos publicando sobre rutas, locais, lugares adaptados e información non só turística da comarca senón tamén novas de carácter social sobre subvencións, servizos, recursos e canto se nos vaia ocurrindo referente a movilidade e dependencia. Para iso invitámosvos a todos e todas a colaborar enviándonos o que queirades incluir sobre todo isto e a facernos recomendacións.

Engadir por último que o vehículo pode levar bicicletas e ata 6 pasaxeiros. Desta forma pode ser unha interesante alternativa ao avión, con viaxes de porta a porta a prezo económico sen as molestias do aeroporto. O gran volume de carga traseira pode facilitar o transporte dalgúns volumes que non entrarían nun taxi normal de 4 pasaxeiros. Consúltenos no teléfono: 619075640. GRAZAS.

20150603_210350 (Small)