REDE GALEGA DE SEMENTES

O vindeiro sábado 13 Betanzos acollerá o III Encontro de Troco da Rede Galega de Sementes. Esta organización pretende dar custodiar ás semente das múltiples variedades de plantas tradicionais e fomentar o intercambio entre agricultores e persoas  interesadas para que non se perda a riqueza varietal.

Os interesados poderán traer as sementes das que dispoñan para intercambiar e establecer relación con outros cultivadores. Haberá actividades diversas durante toda a xornada.

cartaz_sementes

 

TÍKET ELÉCTRICO SOCIAL 2016

Dende o 15 de xaneiro e ata o vindeiro 31 de xullo deste ano está aberto o prazo de presentación de solicitudes para o tíket eléctrico.

O tíket eléctrico é unha prestación económica que subvenciona parte dos gastos de electricidade ás persoas que convivan con menores de 18 anos ou discapacitados. Aplícase ás facturas de electricidade comprendidas entre o 1 de xullo do 2015 e o 30 de xuño do 2016. A subvención é unha cantidade fixa de 180€/ano para quen cumpra os requisitos que aumentará a 300€/ano para os que a maiores acrediten ser familia numerosa.

Para que vostede se faga unha idea de se pode ser un posible beneficiario, enumeramos a continuación os requisitos principais. Nese caso consulte con máis detalle a Orde da convocatoria que aportamos abaixo onde se detalla todo polo miúdo ou consulte cos servizos sociais do seu concello.

  1. Ser  residentes en Galicia
  2. Que na unidade familiar haxa menores ou discapacitados cun grao maior ou igual ao 33%
  3. Ser o pagador das facturas eléctricas
  4. Que os ingresos da unidade de convivencia non superen os 9.595,19€ referenciados ao exercicio fiscal do ano 2014.
Difunda esta noticia para que poida chegar a cantos a necesiten. GRAZAS
images

 

 

 

 

 

 

CONCERTO EXTRAORDINARIO DE NADAL

Hoxe30 de decembro ás 8 e media do serán na igrexa de San Francisco teremos un concerto de Nadal a cargo da banda municipal. Neste ano 2015 que está a piques de rematar cúmprense 25 anos da refundación da banda e para este acto contará coa colaboración do coro do Conservatorio.

20151229_170951-1

 

FOTOS DA ANDAINA SOLIDARIA

A mañá do domingo deunos un bonito día para facermos opercorrido solidario en apoio aos refuxiados sirios. Aquí deixo algunhas fotos da camiñata. Na última delas o cordinador local da Cruz Vermella amosa a cantidade recadada, máis de 1.300€ que irán destinados integramente aos que están pasando polo triste trance   de ter que fuxir da súa casa. Desde taxiadaptadobetanzos.com queremos agradecer a todos os participantes e ás entidades que fixeron posible este acto.

20151213_105439_001 (Small)

20151213_110512 (Small)

20151213_111912 (Small)

 

20151213_114545 (Small)

20151213_123930_001 (Small)

 

ANDAINA SOLIDARIA

Mañán, domingo 13 de decembro é o día da andaina solidaria en apoio aos refuxiados sirios. Organizada polo persoal de Eroski conta co apoio de varias organizacións e comercios locais. A pesares do que di o cartel sobre os prazos de inscripción a verdade é que ata o momento da saída podedes unirvos a este evento. Unha bonita actividade para a mañá do domingo: un pouco de deporte e unha gran axuda a persoas que están pasando por moi malos momentos.

20151119_151451-1

 

TEATRO EN FAMILIA

Comeza o VII ciclo de teatro infantil. A primeira das representacións  comezará hoxe sábado ás 6 da tarde na Aula Municipal de Cultura. Trátase da obra titulada «A casa do avó» a cargo da compañía Tanxarina. O resto das obras e as datas podedes velas no cartel que adxuntamos.

20151212_145454-1

2015-12-12 15.03.31

 

CONCERTO DA ILUSIÓN

Hoxe, sábado 5 de decembro actuación da Banda Municipal de Música de Betanzos na igrexa de Santa María do Azougue ás 20:30 horas.

Trátase dunha nova edición do tradicional Concerto da Ilusión, onde ademáis se dará o recebemento de novos intérpretes.

20151205_114324

Imaxe do ensaio de hoxe pola mañán