O vindeiro domingo 3 de xaneiro na aula de cultura haberá baile para a 3ª idade.
Mes: Decembro 2015
FOTOS DA ANDAINA SOLIDARIA
A mañá do domingo deunos un bonito día para facermos opercorrido solidario en apoio aos refuxiados sirios. Aquí deixo algunhas fotos da camiñata. Na última delas o cordinador local da Cruz Vermella amosa a cantidade recadada, máis de 1.300€ que irán destinados integramente aos que están pasando polo triste trance de ter que fuxir da súa casa. Desde taxiadaptadobetanzos.com queremos agradecer a todos os participantes e ás entidades que fixeron posible este acto.
ANDAINA SOLIDARIA
Mañán, domingo 13 de decembro é o día da andaina solidaria en apoio aos refuxiados sirios. Organizada polo persoal de Eroski conta co apoio de varias organizacións e comercios locais. A pesares do que di o cartel sobre os prazos de inscripción a verdade é que ata o momento da saída podedes unirvos a este evento. Unha bonita actividade para a mañá do domingo: un pouco de deporte e unha gran axuda a persoas que están pasando por moi malos momentos.