Hoxe e mañán en Betanzo teran lugar as V Xornadas de Formación e Sensibilización sobre atención á diversidade.
Mes: Maio 2016
GUÍA SOBRE PROTECCIÓN XURÍDICA E DISCAPACIDADE
Referencia práctica para profesionais, familias e todo tipo de axentes implicados respecto de cuestións xurídicas relacionadas con persoas con discapacidade, coa súa protección xurídica e as correspondentes medidas de apoio. Aborda temas como a tutela, curadoría, ingresos involuntarios, a capacidade das persoas, competencias dos xulgados, etc. Informa tamén de lexislación de referencia en canto a protección xurídica en discapacidade e dependencia e conta cun compendio de modelos de documentos e enderezos de interese.
TICKET ELÉCTRICO 2016
Dende o 15 de xaneiro e ata o vindeiro 31 de xullo deste ano está aberto o prazo de presentación de solicitudes para o tíket eléctrico.
O tíket eléctrico é unha prestación económica que subvenciona parte dos gastos de electricidade ás persoas que convivan con menores de 18 anos ou discapacitados. Aplícase ás facturas de electricidade comprendidas entre o 1 de xullo do 2015 e o 30 de xuño do 2016. A subvención é unha cantidade fixa de 180€/ano para quen cumpra os requisitos que aumentará a 300€/ano para os que a maiores acrediten ser familia numerosa.
Para que vostede se faga unha idea de se pode ser un posible beneficiario, enumeramos a continuación os requisitos principais. Nese caso consulte con máis detalle a Orde da convocatoria que aportamos abaixo onde se detalla todo polo miúdo ou consulte cos servizos sociais do seu concello.
- Ser residentes en Galicia
- Que na unidade familiar haxa menores ou discapacitados cun grao maior ou igual ao 33%
- Ser o pagador das facturas eléctricas
- Que os ingresos da unidade de convivencia non superen os 9.595,19€ referenciados ao exercicio fiscal do ano 2014.