Nova páxina, nova andaina, en Taxi Adaptado Betanzos


Estamos en proceso de reconstrucción. Sufrimos fai tempo un ataque de hackers e temos que refacer todo de novo. A maioría da información acumulada perdeuse. Mágoa. Que interese pode ter atacar a páxina dun taxista local? Non o sabemos, pero así foi. Así a todo non imos desistir. xa estamos de volta, e con mais forza se cadra. E agora temos pensado abrir este espazo a outros contidos máis aló da información sobre o taxi. Publicaremos aquí artigos de carácter máis persoal, relativos a temas do noso interese persoal e afeccions. Creación literaria, cerámica, reflexións e opinións, temas de botánica e etnobotánica, sitios que visitamos, cousas que nos chaman a atención… En resumo, reflectir na páxina a parte humana do dono da empresa, pois nun lugar como Betanzos, onde case todos nos coñecemos, as relacións interpersoais taxista-cliente teñen unha importancia máis relevante que nunha gran cidade onde o taxista só se relaciona con descoñecidos. E quero, tamén, que sexa un espazo aberto á participación. Quen queira enviar artigos ou presentar creacións persoais ten as portas abertas. Desde aquí compartiremos tamén nas nosas redes sociais. Sería bo facer disto, entre todos, un punto de difusión de creatividade e ideas. Xa no pasado presentamos os libros dalgúns amigos, ou parte da obra pictórica de Paco Torrón (recordado cliente falecido no 2020) cando o levamos a unha exposición compartida co seu neto en Vigo, tamén algunhas exposicións cerámicas no Liceo, etc. Pero a inquina dos hackers destruiu eses arquivos, mais non os recordos. Agora vimos con bríos novos, con mais azos e ambición que antes. Estades todas e todos invitados.