Dende o 15 de xaneiro e ata o vindeiro 31 de xullo deste ano está aberto o prazo de presentación de solicitudes para o tíket eléctrico.
O tíket eléctrico é unha prestación económica que subvenciona parte dos gastos de electricidade ás persoas que convivan con menores de 18 anos ou discapacitados. Aplícase ás facturas de electricidade comprendidas entre o 1 de xullo do 2015 e o 30 de xuño do 2016. A subvención é unha cantidade fixa de 180€/ano para quen cumpra os requisitos que aumentará a 300€/ano para os que a maiores acrediten ser familia numerosa.
Para que vostede se faga unha idea de se pode ser un posible beneficiario, enumeramos a continuación os requisitos principais. Nese caso consulte con máis detalle a Orde da convocatoria que aportamos abaixo onde se detalla todo polo miúdo ou consulte cos servizos sociais do seu concello.
- Ser residentes en Galicia
- Que na unidade familiar haxa menores ou discapacitados cun grao maior ou igual ao 33%
- Ser o pagador das facturas eléctricas
- Que os ingresos da unidade de convivencia non superen os 9.595,19€ referenciados ao exercicio fiscal do ano 2014.